Enogastronomía

XXXIII Festa dos Callos do Porriño

Foto: www.metropolitano.gal

A Festa dos Callos de O Porriño é unha cita gastronómica consolidada, dedicada a un prato típico deste concello. Organizada por AHOSPOR (Asociación de Hostalería de O Porriño), e coa colaboración do Concello do Porriño, esta celebración reflexa a identidade desta vila, amosando a capacidade para mesturar tradición e innovación por parte do tecido hostaleiro e social.

Toda a veciñanza do Porriño e da contorna achégase para gozar dunha xornada única, onde a boa comida e o ambiente festivo mestúrase nun prato como son os callos. Os actos inclúen degustacións e programación musical. Coa participación de máis de 30 establecementos, que ofrecerán cadansúa receita de callos, a diversidade e a creatividade da gastronomía local está servida por un prezo único de 8 euros, que inclúe ración de callos, pan e unha cazola de barro conmemorativa.

Ademais, esta festa foi certificada como Festa Sostible de Galicia Suroeste en 2024.