
O Descenso Internacional do Rio Miño é unha proba de alta competición de piragüismo para deportistas federados. Organizado polo Club Kayak Tudense, recibe a máis de 60 clubes de diferentes nacionalidades para participar nas modalidades K1, K2, C1 e C2. A distancia a percorrer é de 14 km, con saída en Salvaterra de Miño e meta na Ponte Internacional de Tui.
Preto de medio millar padexeiros participan nesta competición, un dos descensos de ríos que máis prestixio outorga aos seus vencedores, debido ao nivel de esixencia requerido, e ao alto nivel dos participantes. Entre os seus vencedores atópanse campeóns olímpicos, mundiais e europeos.
Este evento está recoñecido como Festa de Galicia de Interese Turístico desde 2018. E xunto á competición oficial, organízase o Descenso Popular do río Miño, unha versión para afeccionados, de carácter recreativo e ambiente festivo.
The International Minho River Descent is a high-level canoeing competition for federated athletes. Organized by the Club Kayak Tudense, it welcomes more than 60 clubs of various nationalities to participate in the K1, K2, C1, and C2 categories. The distance to be covered is 14 km, starting in Salvaterra de Minho and finishing at the Tui International Bridge.
Around five hundred paddlers participate in this competition, one of the river descents that confers the greatest prestige to its winners, due to the level of difficulty and the high level of the participants. Among the winners are Olympic, world, and European champions.
This event has been recognized as a Festival of Tourist Interest of Galicia since 2018. Alongside the official competition, the Popular Minho River Descent is organized, a version for fans, with a recreational and festive atmosphere.
+ info: www.descensomiñotui.com