
O Descenso Internacional do río Miño é unha proba de alta competición de piragüismo para deportistas federados. Organizado polo Club Kayak Tudense, recibe a máis de 60 clubs de diferentes nacionalidades para participar nas modalidades K1, K2, C1 e C2. A distancia a percorrer é de 14 km, con saída en Salvaterra de Miño e meta na Ponte Internacional de Tui.
Preto de medio milleiro de padexeiros participan nesta competición, un dos descensos de ríos que máis prestixio outorga aos seus vencedores, debido ao nivel de esixencia requirido e ao alto nivel dos participantes. Entre os seus vencedores atópanse campións olímpicos, mundiais e europeos.
Este evento está recoñecido como Festa de Galicia de Interese Turístico desde 2018. Xunto á competición oficial organízase o Descenso Popular do río Miño, unha versión para afeccionados, de carácter recreativo e ambiente festivo.
+ info: www.descensomiñotui.com
