Baixo o título “Territorios sen Fronteira”, a Bienal Internacional de Arte de Cerveira (BIAC) propón unha reflexión arredor do concepto de fronteira – nas súas dimensións xeográfica, social, mental e política -, explorando a forma en que se manifesta no presente e nos procesos de creación artística.
Partindo da condición transfronteiriza de Vila Nova de Cerveira e do papel da BIAC no contexto artístico internacional, o tema aborda a fronteira como espazo de definición de formas, memorias e identidades, pero tamén como lugar de tensión e conflito, que define narrativas e maneiras de contar historias. Nun presente marcado por transformacións globais, proponse pensar a fronteira como territorio de tránsito entre o familiar e o descoñecido, o consciente e o subconsciente, o individual e o colectivo, potenciando a experimentación artística transdisciplinar e a apertura a novos territorios.
+ info: http://bienaldecerveira.pt
