Comunicado dos equipos de xestión dos proxectos de cooperación europea do Rio Minho ante a pandemia do COVID19
Ante a excepcional situación na que nos atopamos provocada pola pandemia do Covid19, a equipa de xestión dos proxectos de cooperación europea Visit Rio Minho e Smart Minho, dos que son socias diferentes administracións públicas de Galiza e Portugal*, e o AECT Rio Minho, ente público de cooperación territorial europea da que forman parte a Deputación de Pontevedra e o CIM Alto Minho, queremos facer un chamamento conxunto á solidariedade e á responsabilidade nestes momentos tan difíciles para a poboación de ambas marxes do río Miño e a manter o confinamento ata que o perigo de contaxio estea superado.
Aínda que separados fisicamente por unha fronteira que reaparece despois de 25 anos, agora máis que nunca, estamos unidos de corazón e sentimos que somos un mesmo pobo ante a adversidade.
Durante as vindeiras semanas seguiremos traballando de xeito telemático e estaremos á vosa disposición a través das canles habituais: os nosos correos electrónicos riominho.interreg@depo.es e geral@aectriominho.eu; o teléfono da oficina 886 210 280, páxinas web de smartminho.eu e visitriominho.eu e nas nosas redes sociais.
Un saúdo e forza nestes momentos difíciles pero que superaremos xuntos e xuntas.
#Quedanacasa #Fiqueemcasa
* Smart Minho: Deputación de Pontevedra, CIM Alto Minho, AECT Rio Minho e Centro de Estudos Euro Rexionais. Visit Rio Minho: CIM Alto Minho, Deputación de Pontevedra, AECT Rio Minho e Centro de Estudos Euro Rexionais Galiza – Norte de Portugal, Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR), Universidade de Vigo, Municipios de Caminha, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura, Valença e Vila Nova de Cerveira.