Museu Municipal de Caminha

O Museu Municipal de Caminha está situado en pleno Centro Histórico Medieval da vila e ocupa un edificio datado probablemente dos séculos XVII/XVIII que, ata ser adaptado como Museo e Biblioteca en 1989, serviu de Tribunal e Cárcere da Comarca de Caminha.

Na actualidade, o edificio alberga o Museu Municipal de Caminha, que expón unha importante colección de obxectos arqueolóxicos que documentan a historia da rexión desde a Prehistoria ata a Romanización.