Espaço Memória e Fronteira

Dedicado á preservación da historia recente do concello, relacionada co contrabando e coa emigración. Conta cunha sala dedicada ao contrabando e cunha rampla ao longo da cal se representan os distintos momentos relacionados coa emigración, como as causas, a preparación da viaxe e a propia viaxe, a chegada e a vida no país de acollida, sen esquecer os efectos da emigración no concello.