Instalado na Torre da Homenaxe do Castelo, en plena Zona Histórica, este Núcleo foi creado para poñer en valor a propia Torre e tamén para dar a coñecer o patrimonio arquitectónico, histórico e cultural de Melgaço. A exposición interior céntrase no patrimonio arquitectónico e arqueolóxico, desde a Prehistoria ata a Idade Contemporánea.
Asociadas a este Núcleo están as Ruínas, situadas na Praça da República, onde se pode observar e interpretar parte da historia medieval do concello.