O Play-Doc consolídase como un evento de referencia a nível internacional no cinema documental. Todos os anos atrae centos de persoas amantes da sétima arte que se desprazan até Tui para gozar dunha programación de calidade e prestixio. Conta con varias seccións:
- Retrospectivas: homenaxes a realizadores e temáticas destacadas.
- Estreas en exclusiva: primeiras proxeccións de cinema documental contemporáneo.
- Cinema galego: espazo dedicado á produción audiovisual galega.
- Sección oficial: competición das mellores produccións documentais.
- Actividades paralelas: concertos, encontros con realizadores, palestas e moito máis.
Son cinco días nos que Tui transfórmase na cabeceira do cinema documental, cun ambiente festivo que combina o rigor cinematográfico coa celebración cultural.
+ info: www.play-doc.com
