Enogastronomía

Pinchotea

Ponteareas presenta unha nova edición de Pinchotea, a ruta gastronómica de tapas que terá lugar nos bares e restaurantes da vila dende o xoves 22 de outubro ata o 8 de novembro.

Os participantes poderán degustar deliciosas tapas, votar polas súas favoritas e participar nun sorteo de varios premios, como ceas, baños termais e vales. O prezo máximo por tapa é de 3 €. O horario de degustación é os xoves, venres e sábados de 19:30 a 23:30, e os domingos durante a sesión vermú de 11:30 a 14:30.