Enogastronomía

XXXIV Feira do Viño do Rosal

A Feira do Viño de O Rosal está consolidada como unha celebración que trascende o ámbito vitivinícola e convertéuse nun espazo de participación colectiva, símbolo de identidade do territorio.

Trátase dun evento que mestura todo tipo de ocio coa tradición, a gastronomía e a cultura. Así, no programa haberá actividades directamente relacionadas co mundo do viño, como catas populares comentadas, pero tamén visitaas guiadas polo patrimonio local, entre outras: concertos, exposicións ou actividades para as crianzas.

Ademais, este evento foi declarado Festa de Galicia de Interese Turístico en 2016 e foi certificada como Festa Sostible de Galicia Suroeste en 2026.