Enogastronomía

VIII Feira do Pan de O Porriño

A VIII Feira do Pan de O Porriño é un evento que pon en valor a tradición panadeira local, con especial protagonismo da bola de pan de O Porriño. Terá lugar o o sábado 10 de octubre, unha cita xa consolidada no calendario gastronómico e festivo da bisbarra, e que conta cunha tradición documentada xa no ano 1600.

A Praza do Concello será durante toda o día nun gran escaparate da tradición panadeira da vila, cun programa pensado para todos os públicos no que se combinan gastronomía, cultura, demostracións e venda, e que ao mesmo tempo reivindica o traballo das panadeiras e panadeiros que manteñen vivo un oficio estreitamente ligado á historia da vila.