O BTT da Eurocidade Tui-Valença consolídase como unha das probas mais agardadas do calendario galego dos últimos anos, xuntando en 2025 a máis de 1.200 participantes que desfrutaron dunha xornada inesquecíbel sobre dúas rodas. Os participantes poderán escoller no momento da proba entre duas distancias:
- Percorrido curto: 45 km
- Percorrido longo: 75 km
Ambos percorridos transcorren por emprazamentos espetaculares que incluen as murallas de Valença, o conxunto histórico de Tui, a ponte internacional, a subida ao monte Faro e ao Parque Natural Monte Aloia.
Características da proba:
- Novos percorridos en cada edición.
- Saída desde as piscinas municipais de Valença ás 9:00 (hora galega).
- Varios abastecementos ao longo do perocorrido.
- Excelente ambiente entre participantes.
- Porco ao espeto no final da proba.
Organiza: Peña Ciclistas Biciosos, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença.
+ info: http://biciosos.gal
