Os días 7 e 8 de novembro de 2026 Tui acolle a XVI edición de A Emoción dos Viños, un encontro dedicado a pequenos produtores e viticultores. O salón reune elaboradores vencellados a diferentes territorios vitivinícolas, con especial presenza do viño galego e de proxectos que traballan desde unha relación directa co viñedo. A proposta mantén unha característica que definiu ao encontro desde as súas primeiras edicións: achegar ao público os vinos através das persoas que os elaboran.
Esta edición celébrase na Praza da Inmaculada, con horarios entre 11:00 a 14:00 horas e 16:00 a 20:00 ambos días. As entradas custan 20 € por día (copa incluída), mentras que o abono custa 36 euros.
A Emoción dos Viños naceu en Tui impulsada por Marina Cruces e Antonio Portela e, ao longo da súa traxectoria, ocupou diferentes espazos patrimoniais de Galicia. O seu regreso permite recuperar a relación coa cidade fronteiriza, vencellada históricamente ao intercambio cultural e comercial con Portugal.
A relación entre elaborador, viño e territorio volta así ocupar o centro dunha cita que propón descubrir proxectos vitivinícolas de diferentes procedencias sen reducir a experiencia a unha sucesión de degustacións.
