Durante o mes de novembro, o concello de O Porriño celebra unha nova edición da súa tradicional ruta gastronómica D·Gusta Porriño, un evento que convida a veciños e visitantes a gozar da alta cociña en formato miniatura polas rúas da localidade.
O roteiro celébrase durante todos os venres e sábados de novembro, en horario de 19:00 a 23:00 horas. Os asistentes poderán degustar exquisitos pinchos a un prezo de 1,50 € con consumición ou a 2 € sen consumición.
Un total de 30 estabelecementos hosteleiros forman parte desta edición, ofrecendo unha gran variedade de propostas culinarias que van desde a cociña tradicional galega ata opcións internacionais e alternativas adaptadas (como pratos sen gluten ou veganos). Este ano participan A Francachela, Argentino 2, Bar Liceum, Baraka, Bo Camiño, Café La Paix, Camino de Santiago, El Alambre del Abuelo, El Patio, El Pincho, Estación 57, Hotel Parque, La Bendecida, La Bici, La Bombonera, La Cueva, La de Sandra, La Guarida, La Vinoteca, Paso a Nivel, Pinzas, Pinzas Burguer, Platinum, Saspi, Sekretos, Sol, Treinta y Tau, Underground, Xantar de Pepa e Zentral.
(texto tirado de www.paxinasgalegas.com)