Natureza

XV Descenso Popular do río Miño

O Descenso Popular do río Miño celébrase o mesmo día que o Descenso Internacional. Trátase dunha proba de carácter recreativo e ambiente festivo. A diferenza da proba profesional, este ten un percorrido suave, de 7 Km, sen dificultades e apto para calquera persoa afeccionada ao deporte, aínda que nunca antes montara en piragua.

Celébrase na contorna de Ribeira de Caldelas (en Tui), e unha vez rematadas as probas hai unha romaría popular -con pinchos e bebidas- amenizada por grupos folclóricos.

+ info: www.descensomiñotui.com