Corpus Christie
Cultura

Corpus Christi de Ponteareas

O Corpus Christi é a celebración máis importante de Ponteareas, coa apertura dos portais alfombreiros, a preparación colectiva dos materiais e o momento álxido coa confección e exhibición das alfombras florais, acompañada dunha programación cultural e musical. Trátase dunha das maiores expresións do patrimonio cultural inmaterial do noroeste peninsular e que foi declarada Festa de Interese Turístico Internacional en 2009.

Os días con maior programación da celebración do Corpus Christi 2026 serán:

  • Sábado 6 de xuño: comeza o traballo de confección das alfombras. O proceso que se inicia co pintado das plantillas sobre o asfalto prolóngase toda a noite coa participación activa da veciñanza.
  • Domingo 7 de xuño (Día do Corpus): pola mañá, as alfombras locen todo o seu esplendor e son admiradas por milleiros de visitantes que se achegan ata Ponteareas.
  • Luns 8 de xuño: se realizan distintos actos protocolarios como a homenaxe ás persoas alfombreiras falecidas e a entrega de medallas. Ademais de actividades pensadas para gozar en familia.