Xa está aquí a ruta gastronómica Tú-y D’Tapas. A Asociación de Comerciantes e Industriales de Tui (AciTui), coa colaboración do Concello de Tui, organizan un ano máis o concurso de tapas da vila.
Os venres do mes de marzo (os días 6, 13, 20 e 27 ) chegan cheos de sabor. En horario de 19 a 23 horas, un total 18 locais ofertarán tapas únicas por só 2,5 euros.
