Do 25 de abril ao 31 de maio o Concello de Ponteareas organiza unha nova edición do Saborotea, o roteiro de almorzos que converte as mañás da vila nun punto de encontro arredor da gastronomía. Nesta edición participan 12 locais de hostalaría, incluíndo propostas nas parroquias de Xinzo e Santiago de Oliveira, ampliando así o alcance desta iniciativa e reforzando o seu carácter integrador.
Saborotea é moito máis ca un roteiro, é encontro, convivencia e vida arredor dun dos momentos máis especiais do día. Durante o evento poderás degustar diferentes almorzos e votar polo teu favorito a través do móbil, escaneando o código QR de cada proposta, ou tamén co pasaporte.
