
A Clásica Álvaro Pino é unha marcha ciclodeportiva de carácter non competitivo. A proba celébrase sobre dous trazados de 75 e 129 quilómetros na bisbarra do Condado – Paradanta.
Durante o percorrido os participantes atoparánse cunha área de natureza fermosa e amábel que ofrece múltiples opcións para gozar da paisaxe, dominada polo curso dos ríos Miño e Tea, ou monumentos como o Mosteiro da Franqueira ou o Castelo de Sobroso.
O percorrido curto son 75 Km. polo surleste da provincia de Pontevedra e ten un desnivel acumulado de 1.424 metros, esixentes, pero asumíbeis. Pola súa parte, o percorrido longo son 123 Km. e 2.313 metros de desnivel acumulado.
+ info: www.clasicaalvaropino.com
