Cultura

Ciclo de música “O Son do Tea”

O ciclo de música “ O Son do Tea”  que conta coa participación das tres bandas de música do noso concello: a Banda de Música Unión de Guláns, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo e a Banda de Música Reveriano Soutullo e  se estende os sábados e domingos dos meses de xullo e setembro e se desenvolveu ao aire libre nos Xardíns da Xiralda situados a carón da Casa do Concello. A xente de Ponteareas, da contorna e as / os turistas viven a música. As persoas asistentes desfrutaron, de balde, de actuacións dunha hora de duración e que inclúen un repertorio variado de bandas sonoras, xotas, popurrís…