Cultura

5º Ciclo “Cine de Inverno”

En febreiro o Concello de Salvaterra organiza unha nova edición do Ciclo “Cine de Inverno”, coordinado desde a Concellería de Cultura. O ciclo é de balde e inclúe películas de estrea. Deste xeito achégase unha alternativa de ocio cinematográfico para as fins de semana durante este mes.

As proxeccións serán as fins de semana no salón da Casa da Cultura de Salvaterra de Miño. Os sábados, ás 22 horas, serán películas para o público adulto, mentres que para o público infantil se proxectarán os domingos ás 17:30 horas.