O vindeiro domingo 17 de maio o concello de Tomiño acollerá a celebración dunha nova edición da BTT Terras de Tomiño e Florentiña.
A proba contará con dúas rutas: unha longa de 55 km, e outra corta de 40 km. A saída será ás 9 da mañá desde a rúa Daniel Calzado Poceiro, de O Seixo. Ademais levaranse a cabo de xeito simultáneo unha andaina e unha ginkana infantil.