Cultura

XXX Arbomostra

Paralelamente á celebración da Festa da Lamprea os días 24, 25 e 26 de abril de 2026, celebrarase a 30ª edición da Feira Agroindustrial e Artesanal de Arbo, na Praza do Mercado.

Arbomostra terá un papel destacado como escaparate de produtos locais, artesanía e do tecido económico e cultural do concello, contribuíndo a dinamizar a vila durante os días de celebración.