O evento celebra este ano a súa 30ª edición coa presenza de máis de 200 marcas

O proxecto Visit Rio Minho, confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, participará na 30ª edición da Feira Hispanoportuguesa (FEHISPOR) que se celebra dende hoxe ate o 24 de novembro en Badaxoz.

Esta nova edición de Fehispor arranca co encontro dos proxectos Turismo/ Interreg de España e Portugal, que porán  en común as  accións  que promoven, as relacións e o turismo transfronteirizo. Visit Rio Minho  levará como estandarte a marca Rio Minho, creada a partir dun riguroso estudo, co obxectivo de potenciar a visibilidade do territorio e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial do río Miño transfronteirizo.

A visita á feira Hispanoportuguesa  suporá un impulso para a marca Rio Minho, que dará a coñecer o valor do territorio do río Miño nun entorno predisposto ás relacións transfronteirizas nun marco turístico e cultural.

A marca Rio Minho acolle a oferta cultural, de ocio, gastronómica e turística do territorio e conta coa implicación dos concellos e cámaras municipais que forman parte do río Miño transfronteirizo, dando como resultado un destino único de gran atrativo.

A feira Fehispor

Fehispor celebra este ano a súa 30ª edición coa presenza de máis de 200 marcas de diversos sectores, co obxectivo de potenciar e descubrir un ano máis o mellor da cultura Española e Portuguesa, achegando empresas e visitantes de ambos países. Ao longo dos anos, o evento consolidouse como unha feira de referencia, albergando a visita de case 30.000 persoas en edicións anteriores.

A Feira Hispanoportuguesa, que terá lugar no recinto feiral de Badaxoz, conta coa colaboración de Turiberia, unha axencia de viaxes online que impulsa o turismo hispanoluso  e que da lugar a unha das novidades desta edición: a I Mostra de Turismo Hispanoluso, un novo espazo temático sobre turismo ibérico que permitirá aos asistentes percorrer os destinos máis destacados da península e coñecer as accións de cooperación transfronteiriza que se están a efectuar.

Outro dos atractivos de Fehispor nesta edición será a presenza de Qatar como país invitado,  presentando unha exposición de oito maquetas de  estadios de fútbol, destacados pola súa complexa arquitectura e a exhibición de coleccións privadas de figuras de Marvel. Ademais, haberá unha exposición da historia do fado e un mercado degustación de produtos de ambas rexións.

 

Galiza e Portugal, hoxe máis que nunca, unidos de corazón no 25 aniversario da eliminación das fronteiras europeas

Galiza e Portugal, hoxe máis que nunca, unidos de corazón no 25 aniversario da eliminación das fronteiras europeas O AECT Rio Minho destaca a relevancia dos territorios transfronteirizos ante a situación desencadenada pola pandemia do COVID19 e comprométense fortalecer a cooperación no territorio do Río Miño En marzo de 1995 entraba en vigor o Tratado […]

Comunicado dos equipos de xestión dos proxectos de cooperación europea do Rio Minho ante a pandemia do COVID19

Comunicado dos equipos de xestión dos proxectos de cooperación europea do Rio Minho ante a pandemia do COVID19 Ante a excepcional situación na que nos atopamos provocada pola pandemia do Covid19, a equipa de xestión dos proxectos de cooperación europea Visit Rio Minho e Smart Minho, dos que son socias diferentes administracións públicas de Galiza […]

Comezan as obras de acondicionamento do acceso á praia do Muíño enmarcadas no proxecto de preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo `Visit Rio Minho’

O director do AECT Rio Minho reclamou novos fondos europeos que permitan acondicionar o resto de sendeiros verdes galego – portugueses, un dos maiores atractivos do territorio transfronteirizo Hoxe deron comezo as obras de acondicionamento do acceso á praia guardesa de O Muíño, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño, segundo anunciou […]