Sendeiros Seguros do Río Miño é unha iniciativa do proxecto VISIT RIO MIÑO da Deputación de Pontevedra, que nace no marco da crise actual provocada polo Covid19 e que ten coma obxectivo contribuír á reactivación económica do territorio transfronteirizo do Miño, a través da alianza entre o turismo activo e a hostalería local.

As novas normas que rexerán a vida dos cidadáns, ata que se atope unha vacina ou un tratamento efectivo para o Covid19, imporán a actividade turística unha serie de restricións, entre outras limitacións nas porcentaxes de ocupación dos espazos, tanto hostaleiros como nos espazos de lecer. Como consecuencia destas restricións, é moi previsible un desprazamento de persoas cara a lugares antes menos frecuentados que as praias, como ríos, praias fluviais, sendeiros e espazos naturais en xeral.

 

 

Asemade os cidadáns responsables e concienciados de non provocar novos contaxios, terán un nivel de esixencia maior e escollerán lugares nos que se garanta a súa seguridade, penalizando en consecuencia, a aqueles nos que se produzan aglomeracións e onde non exista ningún control por parte das autoridades responsables.

Por outra banda, a hostalería local debe enfrontarse a esta nova normativa (Real Decreto 463/2020, do 14 de Marzo). Concretamente no artigo 10, recolle as medidas de contención no eido da actividade comercial, equipamentos culturais, establecementos e actividades recreativas, actividades de hostalería e restauración, e outras adicionais) que limitará os aforos e introducirá novas formas de seguridade no seu servizo que van dificultar o seu facer diario. Poloque se verán na obriga de ser proactivos en solucións seguras e imaxinativas para poder seguir ofertando os seus servizos.

 

 

As seguintes ligazóns levan os formularios para afiliarse ao proxecto:

ANEXO 1: SOLICITUDE DE ADHESIÓN A “SENDAS SEGURAS

ANEXO 2: RELACIÓN DE LOCAIS ADHERIDOS A “SENDAS SEGURAS”

ANEXO 3 : SOLICITUDE DE DOUS OU MÁIS CONCELLOS QUE COMPARTAN O MESMO SENDEIRO

Galego GL Português PT Español ES