CETMAR organiza un seminario sobre a valorización dos produtos pesqueiros do río Miño no marco do proxecto europeo Visit Rio Minho

 

A xornada celébrase hoxe na sede do Centro Tecnolóxico do Mar en Bouzas, Vigo

 

CETMAR organiza un seminario sobre a valorización dos produtos pesqueiros do río Miño no marco do proxecto europeo Visit Rio Minho. Tres son as propostas do Concurso Internacional de ideas para o deseño dunha ponte peonil entre Tomiño e Cerveira.

“Pescarías do Río Miño: valorización de produtos da pesca” é o nome do seminario organizado hoxe pola Fundación CETMAR no marco do proxecto europeo Visit Rio Minho, financiado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP), co obxectivo de abordar as posibilidades de mellorar as pesqueiras do río Miño e de fortalecer e consolidar os seus produtos pesqueiros a través dunha certificación de garantía alimentaria.

A xornada celébrase na sede do Centro Tecnolóxico do Mar en Bouzas, Vigo, e reunirá a expertos en xestión e valorización de produtos pesqueiros.  No transcurso da xornada desenvolveranse diferentes relatorios que pretenden contribuír a fortalecer os procesos asociados á valorización dos productos pesqueiros do río Miño como estratexia cara a combater o fraude e a pesca ilegal, e para mellorar a situación económica dos axentes locais, fomentando o desenvolvemento do territorio da fronteira galego-portuguesa.

Na actualidade, a intrusión e a diminución das poboacións das principais especies pesqueiras do Miño (anguía, lamprea, sábalo ou sabela) está a afectar a esta actividade profesional de mercado esencialmente rexional e cun volume de negocio elevado a nivel local. Por este motivo xurde a necesidade de consolidar as características destes produtos mediante a súa valorización e a través dunha certificación de garantía alimentaria.

Visit Rio Minho ten como obxectivo capitalizar a marca Rio Miño a través dun conxunto de actividades transfronteirizas para preservar e valorizar os grandes recursos asociados a este entorno natural, mellorando a súa xestión e promocionando o patrimonio natural e cultural asociado.

 

 

 

Famtrip polo territorio do Miño para convertelo nun “Destino top” de natureza e patrimonio

Unha ducia de representantes de maioristas, axencias, “influencers” e blogguers de viaxes visitan esta semana os concellos miñotos galegos e portugueses grazas a unha iniciativa do AECT Rio Minho Conseguir que o Río Miño sexa coñecido como un “destino TOP” de natureza e patrimonio entre as persoas viaxeiras. Ese é o obxectivo da ‘famtrip’ organizada […]

O Parque da Amizade, “unha nova zona franca social” no territorio transfronteirizo do Miño

O auditorio da Fortaleza de Goián serviu hoxe para presentar o proxecto definitivo do Parque da Amizade. O primeiro parque transfronteirizo da Eurorrexión e da ponte peonil e ciclista que o fará posible O lugar onde máis próximas están as beiras do Miño no seu último treito, onde se miran Espazo Fortaleza de Goián e […]

Mapa dixital interactivo do Río Minho transfronteirizo: máis de medio cento de atractivos naturais, a golpe de clic

O AECT Rio Miño crea un mapa dixital interactivo do Río Miño, dispoñible en Natureza do Río Minho Transfronteirizo, con información sobre o patrimonio natural que paga a pena visitar en ambas marxes do río. As persoas que queren visitar os concellos á beira do Miño contan agora cun mapa dixital interactivo do Río Miño […]

Galego GL Português PT Español ES