sendeiros transfronteirizos

A rede de sendeiros transfronteirizos do río Miño, un dos maiores atractivos do territorio

 

Unha das accións máis relevantes de Visit Rio Minho é a posta en valor e acondicionamento da rede de sendeiros transfronteirizos verdes do Río Miño. Máis dun cento de quilómetros de rutas de diferentes tipos e dificultades. Enmarcadas nun entorno de gran valor natural e medio ambientalmente protexido. A través do proxecto estanse a realizar pequenas actuacións dirixidas. Servirá para mellorar as condicións de varios tramos de sendeiros, como a conexión de dúas rutas que desembocan na praia guardesa de O Muíño. Ou a proxección de obras de acondicionamento en Crecente, Arbo, As Neves e O Rosal.

 

Tamén se contemplan actuacións de mellora. Por exemplo, nos parques do Castelinho en Vila Nova de Cerveira. Ou do Espazo Fortaleza en Tomiño. Isto servirá de cara á súa valorización e integración por medio dun proxecto de creación dunha ponte internacional peonil que os una, creando así o primeiro parque transfronteirizo de lecer de Europa.

 

Famtrip polo territorio do Miño para convertelo nun “Destino top” de natureza e patrimonio

Unha ducia de representantes de maioristas, axencias, “influencers” e blogguers de viaxes visitan esta semana os concellos miñotos galegos e portugueses grazas a unha iniciativa do AECT Rio Minho Conseguir que o Río Miño sexa coñecido como un “destino TOP” de natureza e patrimonio entre as persoas viaxeiras. Ese é o obxectivo da ‘famtrip’ organizada […]

O Parque da Amizade, “unha nova zona franca social” no territorio transfronteirizo do Miño

O auditorio da Fortaleza de Goián serviu hoxe para presentar o proxecto definitivo do Parque da Amizade. O primeiro parque transfronteirizo da Eurorrexión e da ponte peonil e ciclista que o fará posible O lugar onde máis próximas están as beiras do Miño no seu último treito, onde se miran Espazo Fortaleza de Goián e […]

Mapa dixital interactivo do Río Minho transfronteirizo: máis de medio cento de atractivos naturais, a golpe de clic

O AECT Rio Miño crea un mapa dixital interactivo do Río Miño, dispoñible en Natureza do Río Minho Transfronteirizo, con información sobre o patrimonio natural que paga a pena visitar en ambas marxes do río. As persoas que queren visitar os concellos á beira do Miño contan agora cun mapa dixital interactivo do Río Miño […]

Galego GL Português PT Español ES