A rede de sendeiros transfronteirizos do río Miño, un dos maiores atrctivos do territorio

 

 

Unha das accións máis relevantes de Visit Rio Minho é a posta en valor e acondicionamento da rede de sendeiros verdes do Río Miño Transfronteirizo: máis dun cento de quilómetros de rutas de diferentes tipos e dificultades, enmarcadas nun entorno de gran valor natural e medio ambientalmente protexido. A través do proxecto estanse a realizar pequenas actuacións dirixidas a mellorar as condicións de varios tramos de sendeiros, como a conexión de dúas rutas que desembocan na praia guardesa de O Muíño, ou a proxección de obras de acondicionamento en Crecente, Arbo, As Neves e O Rosal.

Tamén se contemplan actuacións de mellora nos parques do Castelinho en Vila Nova de Cerveira e do Espazo Fortaleza en Tomiño de cara á súa valorización e integración por medio dun proxecto de creación dunha ponte internacional peonil que os una, creando asi o primeiro parque transfronteirizo de lecer de Europa.

 

Esgotadas as prazas para a actividade deste domingo en Monçao dentro do programa de ecoturismo Vive o Rio Minho

Esgotadas as prazas para a actividade deste domingo en Monçao dentro do programa de ecoturismo Vive o Rio Minho Continúa a grande acollida das actividades ecoturísticas do programa de ecoturismo ‘Vive o Rio Minho’ organizadas pola Deputación de Pontevedra para as fins de semana deste mes nos concellos galegos e portugueses da ‘raia’. Segundo explica […]

‘Vive o Rio Minho’: actividades ecoturísticas para coñecer ‘dous países e un destino’

‘Vive o Rio Minho’: actividades ecoturísticas para coñecer ‘dous países e un destino’ Baixo o nome de ‘Vive o Rio Minho’, a Deputación de Pontevedra vai desenvolver sete actividades ecoturísticas no Río Miño transfronteirizo –nos concellos galegos e portugueses que lindan coa vía fluvial- entre o 12 de setembro e o 4 de outubro. O […]

Rematada a obra de conexión dos sendeiros peonís, litoral e fluvial, e rexeneración do entorno da praia do Muíño

É unha actuación que permite reformular un espazo de grande valor polo seu interese turístico e medioambiental, como é a praia do Muíño. Así resumiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva a intervención denominada “Conexión dos sendeiros peonís, litoral e fluvial, e rexeneración do entorno da praia do Muíño, situados no esteiro do río Miño”. As obras […]