Presentación do Encontro Rio Minho na Guarda

O evento forma parte do proxecto europeo Visit Rio Minho de preservación e promoción do territorio transfronteirizo

O ‘I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía do Río Miño’ comeza hoxe na Guarda co ‘I Congreso Turístico do Rio Minho’, unha xornada dedicada aos profesionais do turismo, tanto do ámbito empresarial, como da administración pública. Durante a sesión da mañá trataranse temas como a creación de marcas turísticas, o marketing dixital e experiencias europeas de turismo transfronteirizo. Pola tarde, realizarase unha formación práctica sobre a creación de paquetes turísticos.

Xa o venres, celebraranse en Caminha as ‘I Xornadas Gastronómicas do Rio Minho’, que tamén se dividen en dúas sesións. A da mañá, dirixida exclusivamente a profesionais do sector da hostalería, reunirá a expertas e expertos en gastronomía que debaterán sobre as relacións entre restauración e turismo. A sesión da tarde, aberta ao público en xeral, combinará presentación de produtos, charlas e catas.

Obxectivo

O ‘I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía do Rio Miño’ reunirá na Guarda e Caminha unhas cento cincuenta persoas, entre expertas e expertos e representantes de máis de 50 empresas, co obxectivo de pór en valor e promocionar os atractivos do territorio transfronteirizo de forma conxunta e fortalecer a súa oferta turística, poñendo de relevancia o seu carácter transfronteirizo.

O evento forma parte do proxecto europeo Visit Rio Minho e esta é a primeira grande actividade da marca Rio Minho desde a súa presentación o pasado mes de abril. O obxectivo do encontro é viabilizar e modernizar a oferta turística do Miño transfronteirizo para poder atraer un maior número de visitantes mediante a diversificación da oferta con produtos turísticos específicos da contorna.

Visit Rio Minho

O proxecto Visit Rio Minho está confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. O seu obxectivo é a capitalización da marca Rio Minho a través de actividades transfronteirizas de preservación, cualificación e valorización ambiental dos recursos endóxenos asociados á promoción e comunicación do río como destino ecoturístico.

Son socios de Visit Rio Minho a Deputación de Pontevedra (socio principal), o AECT Rio Minho, o Centro Tecnolóxico do Mar – CETMAR, a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho – CIM Alto Minho, o Centro de Estudios Euro Rexionais Galicia Norte de Portugal (FCEER), a Universidade de Vigo e os concellos de Vila Nova de Cerveira, Caminha, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura e Valença.

 

Visit Rio Minho achégase a Badaxoz para dar a coñecer a marca Rio Minho na 30ª edición da feira Fehispor

O evento celebra este ano a súa 30ª edición coa presenza de máis de 200 marcas O proxecto Visit Rio Minho, confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, participará na 30ª edición da Feira Hispanoportuguesa [...]

Alumnos de Turismo do IPVC visitan o territorio Transfronteirizo

50 alumnos do curso de Turismo do Instituto Politécnico de Viana de Castelo e os seus profesores visitaron o territorio transfronteirizo o pasado día 13 de novembro, co obxectivo de coñecer o proxecto Visit Rio Minho e experimentar un precurso transfronteirizo. Foron recibidos pola AECT Rio Minho e a CM de Valença no posto de [...]

O AECT Rio Minho creará un foro estable de gastronomía e turismo que reúna ao sector privado e aos axentes públicos para impulsar a marca Rio Minho

Uxío Benítez salientou "a importancia de traballar de xeito conxunto para ofrecermos un produto máis completo e mostrar ao mundo todo o que temos de bo no noso territorio" O director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, participou na inauguración da I Xornada de Gastronomía do Rio Minho, celebrada en Caminha, nun acto no que estivo [...]