Jornada Gastronómica Rio Minho

Uxío Benítez salientou “a importancia de traballar de xeito conxunto para ofrecermos un produto máis completo e mostrar ao mundo todo o que temos de bo no noso territorio”

O director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, participou na inauguración da I Xornada de Gastronomía do Rio Minho, celebrada en Caminha, nun acto no que estivo acompañado polo director da Fundación CEER, Valerià Paül; a concelleira de Festas da Guarda, Elena Baz; e o presidente da Câmara Municipal de Caminha, Miguel Alves.

Benítez aproveitou a ocasión para amosar a súa satisfacción polo éxito do Congreso Turístico que tivo lugar na Guarda e co que se abría este I Encontro de Gastronomía e Turismo do Rio Minho e anunciar “a creación dun foro estable que reúna ás empresas do sector turístico e da gastronomía, e do que tamén formen parte os axentes públicos que estamos traballando día a día polo sector, para que deste modo poidamos camiñar de forma conxunta e coordenada, e cunha estratexia común para impulsar esta marca Rio Minho que ten tanto que ofrecer ao mundo”.

O director do AECT Rio Minho salientou que eventos como este I Encontro de Ecoturismo e Gastronomía son unha oportunidade para “mostrar ao mundo todo o que temos de bo no noso territorio”, e reiterou que “ao facelo xuntos e xuntas ofreceremos un produto máis completo”. Benítez apuntou que esta era a primeira vez que se realizaba un foro deste tipo con representantes institucionais dunha e outra beira do Miño pero que “con seguridade non sería último”. Ademais, fixo fincapé na importancia da presenza e participación no evento de empresas do sector privado, en ambas as xornadas, “que son as que traballan día a día polo noso turismo”.

Visit Rio Minho

“É necesario que se continúen facendo este tipo de accións e deseñar un camiño cunha estratexia común para ser máis eficientes e competitivos co obxectivo final de atraer máis visitantes”, apuntou. O director do AECT Rio Minho lembrou que o I Encontro de Gastronomía e Turismo do Rio Minho é unha iniciativa que forma parte do proxecto de Cooperación europea Visit Rio Minho, cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, “orientado á promoción e preservación do territorio, e que ten por obxectivo atraer visitantes a esta rexión con accións que xa se están executando nunha e outra beira e coa creación da marca Rio Minho, que temos hoxe aquí”.

Ao longo da xornada tiveron lugar diferentes actividades relacionadas coa gastronomía e a industria vitivinícola. Tras un debate con expertos e expertas de diferentes ámbitos académicos e profesionais o chef Alberto González do restaurante Silabario de Vigo ofreceu un showcooking con produtos do territorio. Xa pola tarde foi a quenda para as degustacións e catas de viños, cervexas e lamprea e microcharlas que ofreceron unha visión completa da gastronomía a través da antropoloxía, a historia e as actividades no territorio.

Galiza e Portugal, hoxe máis que nunca, unidos de corazón no 25 aniversario da eliminación das fronteiras europeas

Galiza e Portugal, hoxe máis que nunca, unidos de corazón no 25 aniversario da eliminación das fronteiras europeas O AECT Rio Minho destaca a relevancia dos territorios transfronteirizos ante a situación desencadenada pola pandemia do COVID19 e comprométense fortalecer a cooperación no territorio do Río Miño En marzo de 1995 entraba en vigor o Tratado […]

Comunicado dos equipos de xestión dos proxectos de cooperación europea do Rio Minho ante a pandemia do COVID19

Comunicado dos equipos de xestión dos proxectos de cooperación europea do Rio Minho ante a pandemia do COVID19 Ante a excepcional situación na que nos atopamos provocada pola pandemia do Covid19, a equipa de xestión dos proxectos de cooperación europea Visit Rio Minho e Smart Minho, dos que son socias diferentes administracións públicas de Galiza […]

Comezan as obras de acondicionamento do acceso á praia do Muíño enmarcadas no proxecto de preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo `Visit Rio Minho’

O director do AECT Rio Minho reclamou novos fondos europeos que permitan acondicionar o resto de sendeiros verdes galego – portugueses, un dos maiores atractivos do territorio transfronteirizo Hoxe deron comezo as obras de acondicionamento do acceso á praia guardesa de O Muíño, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño, segundo anunciou […]