Nace Rio Minho, unha marca de identidade para o territorio transfronteirizo
“Un río, dous países, grandes experiencias” é o lema elixido para acompañar a imaxe da nova marca
Rio Minho, un selo de indentidade para o territorio transfronteirizo.
A marca, froito dun rigoroso estudo, é un produto contemplado no proxecto Visit Rio Minho para potenciar a visibilidade do territorio transfronteirizo do río Miño como destino ecoturístico de calidade, así como para incentivar a súa preservación e valorización.
A presetación pública da marca tivo lugar no Parador de Tui e contou coa presenza da presidenta da
Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; do vicedirector do
AECT Rio Minho, João Fernando Brito Nogueira; e o director da AECT Rio Minho e deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez.
App con información turística do río Miño
Na marca do proxecto
Visit Rio Minho estase traballar na creación dunha aplicación móbil con información sobre rutas de sendeirismo, camiños peonís e puntos de interese xeolocalizados do río Miño transfronteirizo, co obxectivo de potenciar o coñecemento da extensa e variada oferta turística da rexión.
A App, que se está a desenvolver en galego, portugués e español que contará cunha audioguía, estará dispoñible gratuitamente nos sistemas de iOs e Android.
A rede de sendeiros transfronteirizos do río Miño, un dos maiores atractivos do territorio
Unha das accións máis relevantes do Visit Rio Minho é a posta en valor e acondicionamento da rede de sendeiros verdes do Río Miño Transfronteirizo: máis dun cento de quilómetros de rutas de diferentes tipos e dificultades, enmarcadas nun entorno de gran valor natural e medioambientalmente protexido.
A través do proxecto estanse a realizar pequenas actuacións dirixidas a mellorar as condicións de varias tramas de sendeiros, como a conexión de dúas rutas que desembocan na praia guardesa de O muíño, ou a proxección de obras de acondicionamento en Crecente, Arbo, As Neves e O Rosal. Tamén se contemplan actuacións de mellora nos parques de Castelinho en Vila Nova de Cerveira e do Espazo Fortaleza en Tomiño.