A Cañiza celebra o 15 de agosto a 60.ª Festa-Feira do Xamón, unha cita gastronómica imprescindible do verán galego. A festa regresa á centenaria Carballeira do Cacharado, escenario histórico das feiras agrícolas e gandeiras da Cañiza e da súa contorna. Ao longo da xornada, veciñanza e visitantes poden degustar o xamón que dá fama ao municipio e participar nun programa para todos os públicos, con música, demostracións e cursos de corte, catas de viño, obradoiros de xamón e pan e animación infantil.