Cultura

Feira tradicional dos Remedios

A feira dos Remedios duraba dende a mañanciña ata o lusco fusco. A esta cita chegaban cargados dos seus produtos a xente das aldeas dispostos a sacar unhas “pesetiñas” para afrontar mellor os meses vindeiros. Polas cabazas, o produto estrela das feiras dos Remedios, pagaban unha cadela pequena por unidade.