presentacion app rio minho transfonteirizo

Próximo lanzamento da App Río Minho transfronteirizo con información turística

 

No marco do proxecto Visit Rio Minho estase a traballar na creación dunha aplicación móbil.  A App Río Minho transfronteirizo contará con información sobre rutas de sendeirismo, camiños peonís e puntos de interese xeolocalizados do río Miño transfronteirizo. O obxectivo será potenciar o coñecemento da extensa e variada oferta turística da rexión.

 

A presentación pública da marca tivo lugar no Parador de Tui. Contou coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Ademáis do vice director do AECT Rio Minho, João Fernando Brito Nogueira; e do director da AECT Rio Minho e deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez.

 

A App estase a desenvolver en galego, portugués e español. Contará cunha audioguía, estará dispoñible gratuitamente nos sitemas iOS e Android.

 

Famtrip polo territorio do Miño para convertelo nun “Destino top” de natureza e patrimonio

Unha ducia de representantes de maioristas, axencias, “influencers” e blogguers de viaxes visitan esta semana os concellos miñotos galegos e portugueses grazas a unha iniciativa do AECT Rio Minho Conseguir que o Río Miño sexa coñecido como un “destino TOP” de natureza e patrimonio entre as persoas viaxeiras. Ese é o obxectivo da ‘famtrip’ organizada […]

O Parque da Amizade, “unha nova zona franca social” no territorio transfronteirizo do Miño

O auditorio da Fortaleza de Goián serviu hoxe para presentar o proxecto definitivo do Parque da Amizade. O primeiro parque transfronteirizo da Eurorrexión e da ponte peonil e ciclista que o fará posible O lugar onde máis próximas están as beiras do Miño no seu último treito, onde se miran Espazo Fortaleza de Goián e […]

Mapa dixital interactivo do Río Minho transfronteirizo: máis de medio cento de atractivos naturais, a golpe de clic

O AECT Rio Miño crea un mapa dixital interactivo do Río Miño, dispoñible en Natureza do Río Minho Transfronteirizo, con información sobre o patrimonio natural que paga a pena visitar en ambas marxes do río. As persoas que queren visitar os concellos á beira do Miño contan agora cun mapa dixital interactivo do Río Miño […]

Galego GL Português PT Español ES