Próximo lanzamento da App con información turística do río Miño transfronteirizo

 

 

A presentación pública da marca tivo lugar no Parador de Tui e contou coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; do vice director do AECT Rio Minho, João Fernando Brito Nogueira; e do director da AECT Rio Minho e deputado de Cooperación Transfronteiriza da Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez.

No marco do proxecto Visit Rio Minho estase a traballar na creación dunha aplicación móbil con información sobre rutas de sendeirismo, camiños peonís e puntos de interese xeolocalizados do río Miño transfronteirizo, co obxectivo de potenciar o coñecemento da extensa e variada oferta turística da rexión.

A App, que se está a desenvolver en galego, portugués e español e que contará cunha audioguía, estará dispoñible gratuitamente nos sitemas iOS e Android.

Galiza e Portugal, hoxe máis que nunca, unidos de corazón no 25 aniversario da eliminación das fronteiras europeas

Galiza e Portugal, hoxe máis que nunca, unidos de corazón no 25 aniversario da eliminación das fronteiras europeas O AECT Rio Minho destaca a relevancia dos territorios transfronteirizos ante a situación desencadenada pola pandemia do COVID19 e comprométense fortalecer a cooperación no territorio do Río Miño En marzo de 1995 entraba en vigor o Tratado […]

Comunicado dos equipos de xestión dos proxectos de cooperación europea do Rio Minho ante a pandemia do COVID19

Comunicado dos equipos de xestión dos proxectos de cooperación europea do Rio Minho ante a pandemia do COVID19 Ante a excepcional situación na que nos atopamos provocada pola pandemia do Covid19, a equipa de xestión dos proxectos de cooperación europea Visit Rio Minho e Smart Minho, dos que son socias diferentes administracións públicas de Galiza […]

Comezan as obras de acondicionamento do acceso á praia do Muíño enmarcadas no proxecto de preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo `Visit Rio Minho’

O director do AECT Rio Minho reclamou novos fondos europeos que permitan acondicionar o resto de sendeiros verdes galego – portugueses, un dos maiores atractivos do territorio transfronteirizo Hoxe deron comezo as obras de acondicionamento do acceso á praia guardesa de O Muíño, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño, segundo anunciou […]