50 alumnos do curso de Turismo do Instituto Politécnico de Viana de Castelo e os seus profesores visitaron o territorio transfronteirizo o pasado día 13 de novembro, co obxectivo de coñecer o proxecto Visit Rio Minho e experimentar un precurso transfronteirizo.

Foron recibidos pola AECT Rio Minho e a CM de Valença no posto de Turismo de Valença, realizando visitas guiadas á Muralla da vila e ao centro histórico de Tui, terminando cunha visita á catedral da localidade….#VisitRioMinho #Valença #Tui #VisitRioMiño #RioMiño #RioMinho #Galicia #Portugal #Interreg #POCTEP #turismo #territoriotransfronteirizo #VisitMiño #VisitMinho

Comezan as obras de acondicionamento do acceso á praia do Muíño enmarcadas no proxecto de preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo `Visit Rio Minho’

O director do AECT Rio Minho reclamou novos fondos europeos que permitan acondicionar o resto de sendeiros verdes galego – portugueses, un dos maiores atractivos do territorio transfronteirizo Hoxe deron comezo as obras de acondicionamento do acceso á praia guardesa de O Muíño, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño, segundo anunciou […]

Visit Rio Minho achégase a Badaxoz para dar a coñecer a marca Rio Minho na 30ª edición da feira Fehispor

O evento celebra este ano a súa 30ª edición coa presenza de máis de 200 marcas O proxecto Visit Rio Minho, confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, participará na 30ª edición da Feira Hispanoportuguesa [...]

O AECT Rio Minho creará un foro estable de gastronomía e turismo que reúna ao sector privado e aos axentes públicos para impulsar a marca Rio Minho

Uxío Benítez salientou "a importancia de traballar de xeito conxunto para ofrecermos un produto máis completo e mostrar ao mundo todo o que temos de bo no noso territorio" O director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, participou na inauguración da I Xornada de Gastronomía do Rio Minho, celebrada en Caminha, nun acto no que estivo [...]