alumnos de turismo do IPVC na camara de turismo de Valença

Alumnado de Turismo do IPVC visitan o territorio Transfronteirizo

O alumnado do curso de Turismo do IPVC, Instituto Politécnico de Viana de Castelo, e os seus profesorado visitaron o territorio transfronteirizo o pasado día 13 de novembro, co obxectivo de coñecer o proxecto Visit Rio Minho e experimentar un recurso transfronteirizo. En total cincuenta personas coñeceron os eixos nos que traballa a organización e cales son as prioridades de investimento e obxectivos comúns das vilas que compoñen o grupo.

Foron recibidos pola AECT Rio Minho e a Cámara Municipal de Valença no posto de Turismo de Valença, realizando varias visitas guiadas, entre as que se encontraron as indispensables: coñecer a Muralla da vila de Valença e pasear o centro histórico de Tui, terminando cunha visita á catedral da localidade.

Galego GL Português PT Español ES