– A riqueza natural do Río Minho a golpe de clic –

Coa intención de poñer en valor o potencial turístico e natural do territorio transfronteirizo, o proxecto VISIT RÍO MINHO da Deputación de Pontevedra, contribúe ao seu coñecemento a través da rede poñendo ao alcance da cidadanía este recurso dixital que achega datos de interese de cara a visitar e coñecer o territorio.

Reservas naturais, observatorios ornitolóxicos, paisaxes tradicionais, puntos de observación astronómica e espazos protexidos son algúns dos atractivos naturais que se atopan a ambas marxes do río Miño. Tanto no territorio galego como portugués, dende a súa parte máis alta ata a desembocadura do río, pódense identificar numerosos espazos que paga a pena visitar e que corren o risco de pasaren inadvertidos.

A través desta ferramenta dixital e de forma intuitiva, o usuario do mapa pode elixir o lugar xeográfico desexado e acceder aos elementos do patrimonio natural que se atopan nese espazo: un punto de observación de libeliñas, un xardín singular, árbores senlleiras, unha formación xeolóxica e outros elementos de interese.

Dispoñible en Natureza do Río Minho Transfronteirizo.

Descubre o territorio natureza
Descubre o territorio sendas
Descubre o territorio paisaxe
Galego GL Português PT Español ES