A rede de sendeiros transfronteirizos do río Miño, un dos maiores atrctivos do territorio

 

 

Unha das accións máis relevantes de Visit Rio Minho é a posta en valor e acondicionamento da rede de sendeiros verdes do Río Miño Transfronteirizo: máis dun cento de quilómetros de rutas de diferentes tipos e dificultades, enmarcadas nun entorno de gran valor natural e medio ambientalmente protexido. A través do proxecto estanse a realizar pequenas actuacións dirixidas a mellorar as condicións de varios tramos de sendeiros, como a conexión de dúas rutas que desembocan na praia guardesa de O Muíño, ou a proxección de obras de acondicionamento en Crecente, Arbo, As Neves e O Rosal.

Tamén se contemplan actuacións de mellora nos parques do Castelinho en Vila Nova de Cerveira e do Espazo Fortaleza en Tomiño de cara á súa valorización e integración por medio dun proxecto de creación dunha ponte internacional peonil que os una, creando asi o primeiro parque transfronteirizo de lecer de Europa.

 

Visit Rio Minho achégase a Badaxoz para dar a coñecer a marca Rio Minho na 30ª edición da feira Fehispor

O evento celebra este ano a súa 30ª edición coa presenza de máis de 200 marcas O proxecto Visit Rio Minho, confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, participará na 30ª edición da Feira Hispanoportuguesa [...]

Alumnos de Turismo do IPVC visitan o territorio Transfronteirizo

50 alumnos do curso de Turismo do Instituto Politécnico de Viana de Castelo e os seus profesores visitaron o territorio transfronteirizo o pasado día 13 de novembro, co obxectivo de coñecer o proxecto Visit Rio Minho e experimentar un precurso transfronteirizo. Foron recibidos pola AECT Rio Minho e a CM de Valença no posto de [...]

O AECT Rio Minho creará un foro estable de gastronomía e turismo que reúna ao sector privado e aos axentes públicos para impulsar a marca Rio Minho

Uxío Benítez salientou "a importancia de traballar de xeito conxunto para ofrecermos un produto máis completo e mostrar ao mundo todo o que temos de bo no noso territorio" O director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, participou na inauguración da I Xornada de Gastronomía do Rio Minho, celebrada en Caminha, nun acto no que estivo [...]